Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vimianzo volve ser seleccionado para a Food Wave

Rosa sanchez na anterior edicionFood Wave
Rosa sanchez na anterior edicionFood Wave
Vimianzo volve ser seleccionado para a Food Wave

O Concello de Vimianzo foi seleccionado por segunda vez, para desenvolver unha iniciativa europea sobre alimentación e cambio climático.
Un novo proxecto ‘Food Wave Vimianzo’ liderado polo Concello de Milán e cofinanciado pola Comisión Europea, dentro do programa de Educación e Sensibilización para o Desenvolvemento, cuxo obxectivo principal é involucrar á mocidade de 16 a 35 anos para que modifiquen os seus hábitos e promover activamente o cambio cara sistemas alimentarios inclusivos como parte da estratexia para aminorar o cambio climático.

Estará dirixido principalmente a estudantes, persoas desocupadas, mozos e mozas con emprego e familias con negocios relacionados coa alimentación. As vías para chegar a eles serán os eventos gastronómicos festivos, os centros educativos e as asociacións.
O eixo vertebrador do proxecto será un conxunto de faladoiros, talleres e seminarios para mozos e mozas de 16 e 35 anos, baseados no poder ecolóxico do consumidor de alimentos.
Tomarase tamén en consideración a producción ocal de alimentos e hortos familiares para autoconsumo co fin de promover o cultuvo e uso destes alimentos na elaboración de dietas saudables e sustentables, seguindo a filosofía quilómetro 0. Conmemorarase o Día Mundial da Alimentación.

Comentarios