Venres. 26.04.2024
El tiempo

Visita para solucionar as deficiencias técnicas do pavillón e do Colexio de Baíñas

Visita para solucionar as deficiencias técnicas do pavillón e do Colexio de Baíñas

Ante as deficiencias técnicas que presentan tanto o edificio do CEIP de Baíñas coma o pavillón polideportivo municipal, que se atopa no mesmo recinto escolar, o alcalde Manuel Antelo e o arquitecto municipal, Julio Vázquez, visitaron na mañá de hoxe estas instalacións para intentar buscar unha solución.

A preocupación ante o estado da estrutura do pavillón de Baíñas e da filtración de humidade é patente.

En canto ao edificio escolar o alcalde solicitou unha entrevista coa Xefatura Territorial de Educación da Coruña para abordar as deficiencias do edificio escolar, xa que a estrutura presenta numerosas fendas e hai pingueiras en moitas aulas do colexio. Manuel Antelo agarda que o xefe territorial o reciba coa maior brevidade posible para poder solucionar estas deficiencias que afectan aos máis de 70 nenos e nenas que acoden a este centro escolar. Desde o concello xa e envíou un informe á consellería notificando estes problemas, do mesmo xeito que fixo a dirección do CEIP de Baíñas, pero aínda non houbo ningunha actuación ao respecto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios