Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Volve o Mercado dos Xoves de Vimianzo despois de 4 meses

Mercado de Vimianzo
Volve o Mercado dos Xoves de Vimianzo despois de 4 meses

Este xoves 4 de marzo, volve haber feira en Vimianzo. E volve na súa ubicación habitual, nas rúas Castelao, Antonio Vázquez Mouzo, Vilar, Curros Enríquez e Candil, en pleno centro da vila. Faino despois de 4 meses sen facelo, polas restricións sanitarias.

Lémbrase da prohibición de estacionar, carga e descarga e demais ocupacións da
calzada nestes espazos en horario de 8:00 a 15:00 horas. Coordinarase con Protección Civil e Policía Local un dispositivo especial para organizar un itinerario seguro e evitar así as aglomeracións durante a xornada. Facilitarase xel hidroalcólico para os vendedores e vendedoras, así como para a veciñanza.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, fai unha chamada á “prudencia para desfrutar dun dos mercados semanais máis importantes da Costa da Morte".

comentarios