Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Irma Macías estreou os “Cantos de Nadal” en Berdoias e Cambeda

Irma Macias levou os Cantos de Nadal a Berdoias
Irma Macías estreou os “Cantos de Nadal” en Berdoias e Cambeda

A vocalista vimiancesa Irma Macías inaugurou esta pasada tarde de mércores os “Cantos de Nadal” nas Escolas de Berdoia e Cambeda nunha actividade enmarcada na programación cultural do Concello de Vimianzo para este Nadal.

A cantante visitou ambas escolas, onde se repartiu chocolate quente entre a veciñanza que se achegou, sempre baixo un estrito control das medidas hixiénico- sanitarias.

A artista visitará nos vindeiros días Calo, Carantoña, Carnés, Cereixo, Serramo, Tines, Treos, Salto, Bamiro, Castelo e Baíñas para que ninguén se perda a súa melódica voz para felicitar á veciñanza o Nadal. Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, acompañará a Irma para felicitar tamén estas datas ás vimiancesas e vimianceses que ata as escolas se acheguen.

Irma Macias en Berdoias

Comentarios