luns. 17.03.2025
El tiempo

120 mulleres acodiron ao CIM de Zas en 2024

8m dia da muller
120 mulleres acodiron ao CIM de Zas en 2024

Que importantes son os Centro de Informacion á Muller - CIM -, e que importante lembralo tamén nunha data como hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Neste marco, o CIM do Concello de Zas, que dá servizo aos municipios de Vimianzo, Laxe, Ponteceso e Cabana de Bergantiños, tráenos datos do ano pasado: atendeu durante máis de 120 mulleres de diferentes idades. A esta cifra hai que sumarlle o número de consultas recibidas, tanto por vía teléfonica como de forma presencial, sobre diferentes aspectos.

O Concello de Zas, a traves do CIM, leva 24 anos ofrecendo asesoramento xurídico e psicolóxico ás mulleres da comarca. Segundo sinala a Directora do CIM, Carmen Espasandín, durante o 2024 aumentou de forma considerable o número de mulleres que solicitaron asesoramento en dereito de familia que abarca información relacionada con divorcios, pensións alimenticias e uso da vivenda.

Destaca tamén que no último ano medraron as solicitudes e xustiza gratuíta así como o asesoramento psicolóxico. En canto consultas relacionadas co traballo, a maior parte das usuarias solicitaron información sobre despidos, finiquitos, vacacións e permisos remunerados.

Ademáis deste servizo gratuíto de asesoramento, o Goberno Municipal de Zas - a través do CIM - organiza ao longo de todo o ano diferentes actividades co fin de promover a igualdade entre sexos e loitar contra as violencias. 
“O CIM cumple un papel fundamental como trasmisor das políAcas deste goberno na loita contra as violencias e na educacion da nosa mocidade na igualdade entre sexos e o respecto as diferenzas”; destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Onde está situado?

O CIM de Zas é un servizo gratuíto para a veciñanza que está financiado polo Concello de Zas. O Centro está situado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas e o horario de atención ao público é de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Tamén atenden vía telefónica a través do número 981 70 83 03.

Máis novas

Comentarios