140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
Moita vida teñen este curso as Torres do Allo. E non só a disfrutan turistas e veciños, senón que a actividade de visitas teatralizadas é un marco ideal para que os nosos escolares viaxen no tempo.
Así, o pasado venres foi día completo, 139 escolares do concello (39 do CEIP Labarta Pose de Baio, 40 do CPI de Zas, 50 do IES Maximino Romero Lema de Baio) fixeron un fermoso percorrido histórico, nun xeito práctico para aprender que vale moitas máis que ducias de horas de aula.
Nesta proposta enmarcada no programa de divulgación "Pazos da Terra" da concellería de Cultura do Concello de Zas, que se iniciou este verán pasado, Dona Francisca Rioboo Álvarez, a primeira muller propietaria das Torres do Allo e o seu marido, o naturalista Don Víctor López Seoane (Compañía Os Quinquilláns) recibiron aos escolares e leváronos de viaxe no tempo ata o século XV percorrendo as estancias das Torres do Allo para dar a coñecer máis da historia deste espazo único e de como se vivía naquela época, dun xeito ameno no que os actores interactúron activamente co público.
Novas relacionadas- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas