Martes. 19.03.2024
El tiempo

#25N o IES de Baio: “Que a máscara non nos impida falar! Por todas as que non poden facelo"

Rosalia Fdez Rial no IES de Baio polo 25N
#25N o IES de Baio: “Que a máscara non nos impida falar! Por todas as que non poden facelo"

”Para que as máscaras que impón o COVID-19 non sexan un favorecedor da invisibilidade histórica que sufrimos as mulleres, cómpre falar desta realidade. Cómpre berrar con máis forza para que a tea non impida que o noso apoio e a nosa solidariedade chegue a todas as mulleres que o precisan”.

Coa ilusión de que algún día non sexa necesario celebrar este “Día”, o alumnado do IES Maximino Romero de Lema celebraban esta semana contra a violencia de xénero invitando a Rosalía Fernández Rial, cuxa recitación enche de enerxía o escenario e fai vibrar a quen tiveron a sorte de escoitala presentando o seu último libro de poemas.

O acto, ao que acodiu o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, comezou co visionado dun videopoema moi vinculado a Baio, pois foi gravado con mulleres da localidade e conta mesmo con música dunha antiga alumna do Centro, Antía Ameixeiras. A profesora, a nosa colaboradora Lola Rontano realizou un percorrido pola obra da autora e antigas alumnas da poeta tomaron a palabra para lembrar con agarimo a expectación que creaba durante as súas horas de docencia e fixéronlle unha entrevista con diversas cuestións sobre o proceso da escrita, sobre o libro, sobre a súa faceta docente e outros aspectos.

Rosalía debullou a orixe do libro “Árbores no deserto”, a intención e o obxectivo que se marcou coa súa feitura. Trátase dun libro coral onde as mulleres son protagonistas rescatadas do deserto, do silencio. Mulleres que escribían e non tiñan a necesaria divulgación que necesita toda creación.

E, finalmente, chegou o momento máis agardado: a performance da poeta que usou recitado e ilustracións proxectadas para lembrar as mulleres ás que ía dedicada cada un dos poemas e que conmoveu a todas persoas presentes.

 

Todas as novas sobre o c

Comentarios