Venres. 20.05.2022
El tiempo

A Costa da Morte e Zas únense, con excepcións, pola ITV

A Costa da Morte e Zas únense, con excepcións, pola ITV
O pasado 3 de marzo tivo lugar no Auditorio de Zas un pleno extraodinario con carácter de urxencia para tratar os movementos da Costa da Morte en protesta pola parálise da ITV. Máis de 200 veciños de toda a bisbarra, (na súa maioría de Zas aínda que tamén estivo concorido por xente doutros concellos) se achegaron ao pleno, no que se aprobou cos votos do PSOE (1) TEGA (2) e BNG (5) a proposta da alcaldía a favor da ITV do Allo. O PP votou en contra o que fai entender ao grupo municipal que "O PP de Zas está a retrasar deliberadamente a contrución da ITV do Allo, en contra dos intereses de todos os veciños de Zas e da Costa da Morte". Así a proposta da alcaldía non inclúe manifestacións, pero si unha protesta pública e unificada da bisbarra para esixir á Xunta o desbloqueo.

Proposta da alcaldía

A proposta presentada, dende o Concello de Zas e dende a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte para seguir esixindo o desbloqueo da infraestrutura, lémbralle á Xunta que ten a pelota no seu tellado dende o pasado 16 de setembro de 2010, dende cando a empresa concesionaria espera a licencia por parte da Xunta. O texto asinado polo alcalde Lolo Muíño, di o seguinte: "Dado o retraso inxustificado e deliberado por parte de Xunta propoño oa pleno a adopción do seguinte acordo", asinaron no pleno:
  • Primeiro. Sumarnos a apoiar tódalas medidas que adopte a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte e o propio Concello de Zas co obxectivo de conseguir que remate a agresión inxustificada e intolerable que se está a levar a cabo pola Xunta de Galicia contra este Concello e toda a Costa da Morte, retrasando deliberadamente o inicio das obras de construción da ITV.
  • Segundo. Esixir a Xunta de Galicia que autorice inmediatamente o inicio das obras de construción da ITV no polígono do Allo.

Cronoloxía da ITV

Durante o pleno o portavoz do BNG, o propio alcalde Lolo Muíño, expuxo cronolóxicamente os tempos das actuacións realizadas dende o concello dende que a ITV aprobada ata o día de hoxe. Resaltou que "antes de que o concello puidese ceder os terreos á empresa concesionaria, tívose que regularizar o poligono do Allo, comparando o proceso a realización dunha concentración parcelaria, que ás veces dura ate 10 anos, e que no noso caso durou apenas 2 anos".

De feito unha vez realizados os trámites municipais necesarios, o día 16 de setembro de 2010 a empresa Supervisión e Control, concesionaria de ITV, solicita a correspondente autorización á Xunta de Galicia. Unha vez regularizado o poligono vendeuselle o terreo á empresa e ésta pediu xa licencia de obra que xa ten aprobada, e que xa poderia ter comezado as obras se dende a consellería de industria de asinasen o permiso pertinente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Zas.

comentarios