Domingo. 08.09.2024
El tiempo

A familia de peregrinos de Zas esquecen os problemas no Camiño

A familia de peregrinos de Zas esquecen os problemas no Camiño
Familia de peregrinos de Zas na Quintana

Por fin os camiñantes de Zas chegaron a Santiago. Este sábado, despois de recorrer a ultima ps 29 km da última etapa, o Obradoiro esperaba a estes 10 bravos peregrinos zaenses, mentres outros 30 decidiron acurtar lixeiramente a etapa e deixala en 17 km.

Unha experiencia que serve para que os veciños da Costa da Morte sintamos esa maxia que nos trasladan os peregrinos que chegan de todas partes do mundo. Se ben non é o mesmo andar 1000km seguidos durante un mes, sen parada, esta forma de facer o camiño por etapas aproveitando as fins de semana, serve tamén para sumerxirse no misticismo de andar.

”Para min é exactamente igual”, cóntanos Braulio García, un dos peregrinos de Zas. “Cando fas o Camiño parece que te olvidas de todos os problemas e ademais tes a sorte de relacionarte con xente de todas partes, todos xente marabillosa e encantadora”. “Levamos 5 anos facendo o Camiño, case siempre os mesmos veciños, xa casi somos como da familia, todos moi unidos”, cóntanos, e explica como nesta última etapa, nada máis saír rompeulle unha zapatilla e un compañeiro que levaba de reposto prestoulla para que continuara o Camiño, do contrario non poderia chegar a Santiago.

Están tan encantados con esta iniciativa que “Todos os anos estamos esperando a que chege o día de escomenzar o Camiño”. Agora toca descansar e esperar ao curso que vén!

Peregrinos de Zas xa no Obradoiro

Novas do Camiño zaense

Fonte

Comentarios