A FECOM busca fondos para mercar o seu local

08:20 10/07/13

O presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte, FECOM, José Gabin, vén de manter unha presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para trasladarlle a intención da FECOM de adquirir o local que funciona a día de hoxe coma sede e na que desenvolven a súa actividade. O presidente de Fecom cifrou o orzamento que precisarían para facer fronte a esta adquisición en 40.000 euros.
Diego Calvo escoitou todas as necesidades da federación que lle transmitiu o seu presidente e comprometeuse a estudar unha posible colaboración económica da Deputación da Coruña coa que axudar á entidade a comprar o local.

Novas relacionadas
- O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- Boletín de novidades de Empresas da Costa.
- Gabín: “Os sectores económicos xa case son especies protexidas”.
Fonte
- Deputación.