A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas xa ten finalistas e reservas
06:37 27/03/17
Pincharcaneiro Teatro de Noia estarán na Mostra de Zas
Foron dezaoito as obras presentadas á II Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas 2017. E unha vez reunido o xurado, xa sabemos cales son as finalistas. As razóns máis importantes polas que se decidiu seleccionar as obras finalistas son a lingua, a súa adaptabilidade aos auditorios do Concello de Zas, e a duración das obras e calidade artística.
Así, os vindeiros sábados 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio, serán exhibidas nos auditorios municipais de Baio e Zas, os seguintes espectáculos:
Finalistas:
- PINCHACARNEIRO TEATRO (NOIA): “L”.
- A.C. PAPAVENTOS – ANDARAVÍA TEATRO (VEDRA): “República de Gundián”.
- ASOC. TEENSES POLA IGUALDADE – MARTABELAS (TEO): “Dez baixo cero”.
- AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN (BETANZOS): “O de menos é o nome”.
- ASOCIACIÓN CULTURAL ALENDE – O CATRE TEATRO (AS PONTES): “O medo meu”.
Reservas:
- ARTIAS TEATRO (TEO): “Desast-Rosas”.
- ASOCIACIÓN TEATRAL FAUNA 113 (VIGO): “Deus, unha comedia”.
- HIPÓCRITA TEATRO (LUGO): “Menestra de testosterona.
- Dezaoito obras participan na II mostra de teatro afeccionado de Zas:
- O concello de Zas abre o prazo de inscrición na II mostra de teatro afeccionado
- Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- Zas cítase co teatro afeccionado
- A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas escollerá 5 dunha vintena de propostas
- O concello de Zas organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas