Luns. 16.09.2019
El tiempo

“A onomástica da novela Costa do Solpor”, nas Actas do Simposio Estudos de Onomástica Galega II

“A onomástica da novela Costa do Solpor”, nas Actas do Simposio Estudos de Onomástica Galega II
Estudos de Onomastica Galega II -Costa do Solpor

O pasado 30 de setembro de 2017, organizado pola Sección de Lingua / Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), tivo lugar no Museo de Pontevedra o Simposio Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. A RAG acaba de publicar as Actas (edición de Ana I. Boullón e Luz Méndez). Ademais das comunicacións de especialistas na materia (Consuelo Castro, Encarna Desi, Gonzalo Navaza, Ana I. Boullón, Anxos Sobrino e Valentina Formoso), houbo unha mesa redonda, moderada pola locutora da TVG Marga Pazos, sobre “Os nomes propios da ficción literaria e audiovisual na que participaron Xosé Castro ‘Pato’ e Araceli Gonda (guionistas de coñecidas series da TVG) e Xosé Mª Lema, que falou sobre a escolla dos nomes propios da novela Costa do Solpor.

En Costa do Solpor hai uns 286 nomes propios distintos: 245 antropónimos, 7 zoónimos (nomes de animais) e 34 naónimos (nomes de barcos). Todos tiveron unha razón de peso para figuraren na novela. No estudo desvélanse as causas polas que se escolleron os nomes específicos dos 18 personaxes principais, xunto con tres de animais e sete de barcos.

Podedes ler o informe completo en costadosolpor.blogspot.com.

Máis información

Novas sobre Lema Suárez

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte

  • Artigo de Xosé María Lema Suárez.

Comentarios