“A onomástica da novela Costa do Solpor”, nas Actas do Simposio Estudos de Onomástica Galega II


O pasado 30 de setembro de 2017, organizado pola Sección de Lingua / Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), tivo lugar no Museo de Pontevedra o Simposio Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. A RAG acaba de publicar as Actas (edición de Ana I. Boullón e Luz Méndez). Ademais das comunicacións de especialistas na materia (Consuelo Castro, Encarna Desi, Gonzalo Navaza, Ana I. Boullón, Anxos Sobrino e Valentina Formoso), houbo unha mesa redonda, moderada pola locutora da TVG Marga Pazos, sobre “Os nomes propios da ficción literaria e audiovisual” na que participaron Xosé Castro ‘Pato’ e Araceli Gonda (guionistas de coñecidas series da TVG) e Xosé Mª Lema, que falou sobre a escolla dos nomes propios da novela Costa do Solpor.
En Costa do Solpor hai uns 286 nomes propios distintos: 245 antropónimos, 7 zoónimos (nomes de animais) e 34 naónimos (nomes de barcos). Todos tiveron unha razón de peso para figuraren na novela. No estudo desvélanse as causas polas que se escolleron os nomes específicos dos 18 personaxes principais, xunto con tres de animais e sete de barcos.
Podedes ler o informe completo en costadosolpor.blogspot.com.
Máis información
Novas sobre Lema Suárez
- Lema Suárez, Premio da Crítica de Creación Literaria.
- Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor.
- A Costa do Solpor de Lema Suárez lidera o top-10 das obras narrativas galegas do 2013.
- Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
Artigos de Lema Suárez en QPC
- As outras coincidencias con Sicixia: Da lenda da Buserana á da Serea dos Mariño:
- A longa e teimosa loita polo Conxunto Etnográfico do Mosquetín.
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (I).
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (II).
- A vergonza do abandono, entre toxos e silvas, de catorce dólmens declarados BIC pola Xunta.
- A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Costa do Solpor (I): a viaxe de volta da illa do tesouro.
- A placa de Zennor (Cornualles), ou a tristeza pola morte dunha lingua. ¿Levamos en Galicia o mesmo camiño?.
- O mellor edificio da Costa da Morte.
- A Costa da Morte, nai nutricia inesgotable de anécdotas.
- O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía.
- As traducións e a (in)visibilidade da literatura galega.
- A oposición da Xunta aos parques naturais.
- O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
- Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades).
- O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- Os haikus de Miro Villar.
- Vítor H. Brandalise, un brasileiro seguindo os pasos do caderno de campo do xeógrafo Domingo Fontán por Galicia.
- As imaxes roubadas das igrexas de Nande e Traba (Laxe): hai interese por evitalo?.
- Avelino Pousa Antelo, lembranzas persoais.
- Finou o vello galeguista Avelino Pousa Antelo.
- Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812.
Fonte
- Artigo de Xosé María Lema Suárez.