A Plataforma de Zas leva os recortes en Pediatría ao Parlamento
14:31 21/01/19
- De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra.
- De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra.
- De Muxía a Cee para ver o pediatra.
- De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra.
- A Área Sanitaria da Coruña non se compromete coa mellora do servizo de pediatría da Costa da Morte a pesar das protestas.
As responsables da Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria no Parlamento Galego co alcalde Lolo Muiño
Segue dando pasos, firmes, a Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría”. E un paso adiante é levar as súas reivindicacións ao Parlamento Galego. Fixérono varios pais e nais afectados esta mañá de luns 21 de xaneiro, solicitando unha entrevista cos portavoces dos catro grupos con representación no Parlamento Galego.
Con esta medida, os afectados queren poñer de manifesto a grave situación que afecta a toda Galiza pola falta de pediatras e que no caso de Zas se traduciu nunha redución de 20 horas á semana neste servizo dende o pasado mes de xuño. Unha situación que obriga a desprazarse moitos quilómetros, sobre todo en caso de emerxencias, e colapsar ademais así o servizo de urxencias doutras localidades.
Novas relacionadas
- Xaneiro 19: Lazos morados por un Zas sen recortes en pediatría.