Aberto o prazo para participar na VIII Mostra de Teatro Afeccionado do Centenario de Labarta Pose

Ata o vindeiro 7 de abril está aberto o prazo para participar na oitava edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.
Unha das principais novidades deste ano é que o xurado outargaralle un premio especial “Centenario Labarta Pose” dotado con 500€ que se lle outorgará á mellor comedia en homenaxe a Labarta e tendo en conta que na súa obra está moi presente a comedia. Este recoñecemento fai que a cuantía total dos premios ascenda a 4.400€.
As bases do certame poden consultarse no Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas.
Unha vez recibidos todos os traballos, un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius seleccionará as obras finalistas que se representarán os días 26 de abril, 3, 10, 17 e 24 de maio. O 31 de maio será a entrega de premios.