Adro organiza un concurso de carteis para festa da Carballeira
08:04 14/04/16
O traballo gañador recibira un premio de 100 euros
A Asociación Cultural Adro de Baio - que renovou en setembro do ano pasado a súa directiva - acaba de poñer en marcha un concurso para a Festa da Carballeira que terá lugar o 26 de xuño de 2016. O obxectivo principal deste certame é que os veciños e veciñas da vila e da súa contorna, sexa cal sexa a súa idade, expresen de xeito creativo as súas vivencias nesta festa que ano tras ano reúne a centos de familias e amigos.
Todos os traballos deberán incluir o texto “Festa da Carballeira Baio 26 de xuño de 2016” e crear un lema ou slogan que o acompañe. A imaxe gañadora empregarase en todo o material que se edite para o evento (carteis, camisetas,...). Os traballos poderán ser individuais ou colectivos e o gañador recibirá un premio de 100€ .
Os traballos poderán entregarse no centro Sociocultural de Baio (de martes a venres de 15 a 21:30 horas e os sábados de 10 a 18 horas) ou por correo ordinario a “Asociación Cultural Adro. Campo do Rollo, s/n. 15.150 Baio – Zas”. O prazo de presentación remata o 10 de maio de 2016.
As bases do concurso están publicadas na páxina de Facebook da Asociación Cultural Adro e os interesados poden obter máis información enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].
Novas relacionadas
- A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta
- A asociación Adro de Baio ao borde de disolverse por falta de relevo na directiva tras 35 anos de traballo cultural
- #30anosdeBadiusTeatro: O estado de saúde do teatro costeiro aproba con nota
- Un regalo viral para os 30 anos de Badius Teatro.
- 14-11-14: Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas.
- Redacción QPC ([email protected])
- Adro