Martes. 30.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES de Baio gaña un certame aprendendo a consumir

Equipo Startech, de primer curso del Ciclo Básico en Informática de Oficina
Equipo Startech, de primer curso del Ciclo Básico en Informática de Oficina
O alumnado do IES de Baio gaña un certame aprendendo a consumir

Que o consumo é a nosa meirande interacción coa sociedade (máis importante se cadra que o voto) é algo que moitas veces parece alleo á comunidade educativa. Non acontece así no IES Maximino Romero de Lema que facilitou que o seu alumnado participase no Concurso de consumo responsable e calidade de vida “Consumópolis-16”. Un certame estatal no que se trataba de reflexionar de forma consciente, crítica e solidaria sobre distintos aspectos do consumo responsable.

E os resultados foron moi positivos, demostrando a capacidade crítica á hora de consumir do noso alumado. Os zaseiros acadaron o 1º, 2º e 3º premio na categoría B (1º e 2º CURSO de ESO) e o 1º premio na categoría C (3º e 4º de ESO) a nivel galego, entrando entre os primeiros 15 de toda España.

Todos eles traballaron sobre: “Coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste?”.

  • O Equipo “MAKINAS”, integrado por Daniel Díaz, Daniel Domínguez, Óscar García, José Pereira e Desiree Vázquez que coordinados polo profesor Gonzalo de Castro-Acuña gañaron o 1º premio.
  • O Equipo “SUPIH” formado por Samuel Antelo, Izan Blanco, Unai Ínsua, Pablo Lema e Héctor Sambade que coordinados polo profesor Alejo Figueroa gañaron o 2º premio.
  • O Equipo “ZUMOS” formado por Daniel Pérez, Enrique Mallón, Héctor García, Pedro Pastoriza e Fernando Cereijo que coordinados polo profesor Alejo Figueroa gañaron o 3º premio.
  • O Equipo “STARTECH” formado por Marta Calero, Martín Castro, Ismael González, Brais González e Nerea Torrado que coordinados polo profesor Gonzalo de Castro-Acuña gañaron o 1º premio na Categoría C.

Outras novas de Centros de Ensino

Comentarios