Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias

Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias

Dispares os resultados acadados esta pasada fin de semana para os equipos soneiráns de tenis de mesa. Se por un lado o Concello de Zas Angepón caía derrotado por un resultado abultado que non reflexa a igualdade do encontro; pola outra banda o Anorthosis vencía claramente aos da Hípica Coruña.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro.

  • CTM LALÍN "B" - CONCELLO DE ZAS ANGEPON (6 -1)

En Lalín os de Angepon xogaron sen confianza neles mesmos e sen crer nas súas posibilidades.

  • HÍPICA CORUÑA - ANORTHOSIS VIMIANZO (1-6)

En cambio os do Anorthosis si están nun momento bo e con confianza. Así sacaron adiante o seu encontro con rapidez a pesares de perder o primeiro partido.

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste)

Partidos xogados hai 15 dias en Oroso que correspondían a esta xornada:

  • Escola Oroso TM - Concello de Zas O Pinar (3-4).
  • Oroso Valoriza - Concello de Zas P. Tívoli (4-3).

Os encontros de 3ª xogáronse o 23 de outubro e os correspondentes a esta xornada foron moi igualados donde o Concello P. Tívoli perdeu no último partido e por 3-2. Con todo, se continúan entrenando así, xa virán as vitorias.

Próxima xornada

Sábado 12- 11-2011, ás 17:00h no ximnasio do CPI de Zas:

  • Concello de Zas P. Tívoli - Breogán Oleiros "E"
  • Concello de Zas O Pinar - Oroso Valoriza (xa xogado o 23 de outubro)

Domingo 13-11-2011, ás 10:00h da maña no ximnasio do CPI de Zas:

  • Concello de Zas Angepon - Breogán Oleiros "C"
  • Anorthosis Vimianzo - Liceo Senior.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios