As aves toman Zas
Unha fermosa exposición itinerante de aves instálase esta semana en Zas. Do 30 de abril ao 4 de maio, poderase visitar no Centro Sociocultural de Baio unha chea de Paneis informativos, punto interactivo con xogos, puffs... todos con motivos ornitolóxicos. Trátase da Exposición didáctica Aves de Galicia, que leva por todo o país Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa.
A exposición está aberta para o público en xeral os mércores, xoves e venres de 15:30h a 21:30h. Pero hai tamén un horario de visitas para centros educativos para os que un monitor acollerá aos grupos organizados para a realización de visitas guiadas. Os centros interesados poden concertar no centro Sociocultural ou no 981.718.056 (Lucía) (Chamar en horario de tarde).
Ademais, hai visitas guiadas para adultos o mércores, 2 de 17:30h a 18:30h e o venres, 4 de 17:30h a 18:30h.
É necesaria inscrición para as visitas guiadas, aínda que tamén se pode visitar a exposición por libre.
Novas relacionadas
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Zas.