Sábado. 02.11.2024
El tiempo

As Festas de Baio, a última actuación de El Combo este verán pola Costa

As Festas de Baio, a última actuación de El Combo este verán pola Costa
El Combo Dominicano ven a Baio El Combo Dominicano trae o seu swing a Baio Festas de Baio Septiembre 2017

Vaise achegando o final festexeiro do verán (ese final que marca a Barca), pero a Costa quere comezar setembro a ritmo de cumbia. E para iso, se ben a #AxendaCostadaMorte está chea, nada mellor que achegarse a Baio.

3 días completos de troula nestas Festas de setembro de Baio, comezando poa celebración da Virxe do Carme a golpe de verbena, dunha das mellores do verán. Porque o venres 1 de setembro chega El Combo Dominicano, que trae o seu swing na súa última actuación desta tempada pola zona da Costa da Morte.

O sábado 2 non para o lío, e ademais da procesión por Fornelos, a e a misa na honra de Sa Antonio e San Roque, a sesión vermú e a verbena serán con Ceniza e D’Moda.

O domingo non vai parar a festa ata ben entrada a noite. Antes, misa na honra a Santa María e, sesión vermú con Samba, que repetirá pola noite co gran espectáculo de fogos e artificio.

Así que xa saben, #Baioparadaobrigada!

Máis información

 

Fonte

Comentarios