martes. 13.05.2025
El tiempo

Así son as as Asembleas na AMC Pepe Valiña de Baio

Así son as as Asembleas na AMC Pepe Valiña de Baio
Así de divertidas son as Asembleas da Asociación Pepe Valiña de Baio

Comer, beber e cantar. E sobre todo, pasalo ben. Así o corrobora a pantagruélica cea a base de canapés bielorrusos e carne asada por “Maruja de Costa” que se prolongou ata altas horas da madrugada na que non faltaron as cantigas de sobremesa.

Saben moito de asembleas en Baio, demasiado diría eu. O pasado venres a AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella celebrou a súa asemblea xeral ordinaria onde se fixo balance do ano 2012 e se presentou o proxecto de actividades para este ano 2013 así como o refrendo pola asemblea da actual directiva, presidida por Antonio Díaz Amor, que seguirá catro anos máis.

Pero o máis importante é disfrutar en familia, o que é esta entidade cultura, unha das máis activas da bisbarra.
E así o demostran os números presentados. A Coral Xan Mella no 2012 tivo un total de 13 actuacións das que 7 foron fóra de Baio destacando as celebradas en Noia, Curtis, Vimianzo, Muxía e Vegadeo (Asturias). Unha coral que cumpriu dez anos de vida e que foi galardoada co Premio Nordés das Artes.

P

Ademais, paralelamente, a Escola de Música da Asociación Pepe Valiña segue a ser un referente na bisbarra impartindo clases de linguaxe musical e piano a máis de corenta alumnos baixo a dirección de Tatiana Pankrátova, tamén fundadora da Coral Xan Mella.

2013

Este ano 2013 a asociación volverá a celebrar a tradicional Cachela de San Xoán o domingo 23 de xuño onde haberá sardiñas e boroa de balde.

A Coral ten preparadas actuacións en Carballo, Pontedeume, Ribadeo (Lugo) e Arbo (Pontevedra) e celebrará o 15 de xuño o XI Certame de corais en Baio e xa en Nadal, o 14 de decembro, o X Memorial Pepe Valiña.

Ademais, a vindeira actividade da AMC Pepe Valiña será a presentación da novela “Costa do Solpor” de Xosé María Lema, o venres 22 de marzo ás 21:00 horas no Auditorio do Pavillón de Baio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Coral Xan Mella de Baio.

Comentarios