A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos


Esta é a foto oficial do X aniversario da Coral Xan Mella de Baio. I é que 10 anos son moitos anos, levando a música coral por toda Galicia e o norte da península, cambiando da ópera ao pop máis surfeiro, xantando ceas pantagruélicas, e, sobre todo, formando unha gran familia.
E a gran celebración realizouse a pasada fin de semana na Igrexa Nova de Baio, co gallo do IX Memorial Pepe Valiña. Centos de persoas encheron a Igrexa para ver ás mesmas corais que aló polo 2002, a Coral de Bergantiños (Carballo) e mais a Coral de Ribadeo (Lugo), moito máis refinadas e traballadas que naquel entón.
E como non, ao remate, "pantagruélica" cea no comedor do Colexio Labarta Pose (xentilmente cedido pola súa comunidade educativa) .
Parabéns a toda familia da Coral Xan Mella.
Novas relacionadas
- Últimos días para que os grupos se inscriban na Rede Cultural da Deputación 2013.
- Un Nadal para nenos en Zas e para maiores en Baio.
Novas da coral
- A música coral resoou na Terra de Soneira.
- O cante coral únese ca gastronomía para facer festa.
- A gastronomía e a música Coral fúndense en Baio.
- Isto si que é unha Asemblea Xeral.
- As corais da Costa lánzanse ao pop.