Martes. 23.04.2024
El tiempo

“Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”

Manifestacion contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castineira pan
Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castiñeira
“Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”
Centos de persoas de toda a Costa da Morte concentráronse esta tarde de venres 21 de febreiro na Praza 8 de marzo de Cee. Aos berros de “Feijoo escoita, estamos en loita”, “Nin trampa nin cartón, queremos solución”, “Non intermitente, pediatra permanente”, ou “A loita non remata, queremos un pediatra”, as familias manifestaron o seu tremendo enfado coa administración galega polas carencias do servizo de pediatría e polos continuos recortes en materia sanitaria.

Representantes políticos do PSOE e do BNG da comarca amosáronse en primeiras filas, pero as verdadeiras protagonistas eran as familias que levan sufrindo durante anos un trato desigual con respecto ás familias das cidades. Familias de Cee, Dumbría, Carnota, Corcubión, Fisterra, Vimianzo, Muxía, Camariñas, Zas, Mazaricos…. familias de toda a comarca unidas nesta loita común.

Vanessa Camafreita, responsable da Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, a primeira plataforma en unirse aló por setembro de 2018, lembrou os recortes que lamentablemente nos unen a tod@s @s veciñ@s da comarca, como os do transporte público, os de dependencia ou os recortes en sanidade, que hoxe xuntou centos de persoas en Cee. “Non somos nin dun Concello nin doutro. Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”, resaltou Camafreita.

Campaña de sinaturas

A plataforma aproveitou a para continuar coa campaña de recollida de sinaturas que xa máis dun mes en marcha por toda a comarca. A finais deste mes de febreiro farán o primeiro reconto polas ducias de establecimentos que están colaborando na colleita.

 Vanessa Camafreita recollendo a sinatura do mesmo Anton Leston
Vanessa Camafreita recollendo a sinatura do mesmo Anton Leston-Foto- Rafa Quintáns

Novas relacionadas cos recortes en pediatría

Reportaxes

Comentarios