Badius Teatro, entre os 4 seleccionados para o Encontro de Betanzos
É unha das citas máis importantes do circuito do teatro afeccionado do país. O xa internacional Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017 contará este ano con participación portuguesa, zamorana, compostelá, e costeira. Aí estarán os baieses Badius Teatro coa obra "Frankenstein”.
O grupo costeiro, con máis de 30 anos nos escenarios, foi escollido entre case 50 candidatos para participar no Encontro que organizan Concello de Betanzos e a Agrupación Mariñán.
O encontro desenvolverase os días 4, 11, 18 e 25 de febreiro, e a entrada é de balde na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns (planta baixa do Liceo) ás 20.00.
Romperá o xeo o día 4 a santiaguesa “Cervanterías de Medievándalos”. O 11 tocaralle o turno á zamorana Intercazia. O turno dos costeiros Badius será pois o 18 de febreiro, e pechará o ecnotrno a portuguesa Ajidanha (Idanha a Nova) coa obra “À deriva” o día 25.
Novas relacionadas
- Cheo total no auditorio de Baio no estreo de Frankestein, a nova obra de teatro de Badius.
- #30anosdeBadiusTeatro: O estado de saúde do teatro costeiro aproba con nota.
- Un regalo viral para os 30 anos de Badius Teatro.
- 14-11-14: Badius arrinca cas clases da Escola de Teatro Infantil en Baio e Zas.
- Nova fornada de actores en Zas.
- Badius Teatro xa fai o sueco no Youtube.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).