Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Baio acolle unha xornada divulgativa sobre as pegadas de Enrique Labarta Pose

folleto-enrique-labarta-pose-torres-do-allo
O Concello xa ten publicado un panfleto informativ sobre o autor zaseiro
Baio acolle unha xornada divulgativa sobre as pegadas de Enrique Labarta Pose

 “As múltiples pegadas de Enrique Labarta Pose” é o título das xornadas que terán lugar o vindeiro 29 de outubro no Centro Sociocultural de Baio. Trátase dunha nova actividade municipal para divugar a obra dun escritores zaseiros máis ilustres. 

A cita está formulada para veciñ@s e o profesorado da zona, ao ser organizado polo Centro de Formación e Recursos da Coruña da Xunta de Galicia, estando a xornada está certificada con oito horas de formación.

O programa:
‣ 10:00 horas: Inauguración
‣ 10:30 horas: O contexto histórico na época de Enrique Labarta Pose. Xosé María Lema
‣ 10:50 horas: Labarta como poeta social. Xosé María Rei Lema
‣ 11:10 horas: A pegada de Labarta en Pontevedra. Milagros Bará Viñas
‣ 11:30 horas: Pausa-café
‣ 12:00 horas: A psicoloxía na obra de Enrique Labarta Pose. Ricardo García Mira
‣ 12:20 horas: Unha ollada ao poema “A festa da patrona de Tabeirón”. Xosé María Varela
‣ 12:40 horas: Coloquio moderado por Jorge Mira Pérez
‣ 13:30 horas: Clausura
As xornadas continuarán pola tarde cun roteiro literario por diferentes espazos vinculados coa vida e obra de Labarta Pose.

Inscricións

As inscricións xa están abertas polo que as persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición a través deste formulario, ou tamén nos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056. Mentras que o profesado pode facelo entrando no sistema de xestión da formación do profesorado, FPROFE, da Xunta de Galicia.

Xornada Labarta Pose

Comentarios