Venres. 10.07.2020
El tiempo

Baio volverá recuperar a historia da Fía do Liño

Baio volverá recuperar a historia da Fía do Liño
Exaltacion da Fia do Lino 2016 1 Exaltacion da Fia do Lino 2016

Xa ten data Baio para unha das citas máis singulares de cada ano. A Comida da Fía, a xornada anual de Exaltación da Fía do Liño será este 7 de maio, a partir das 13:00h no pavillón baiés. Unha xornada que chega do século pasado, de cando ao remate da colleita, as familias facían un xantar para celebrar o traballo ben feito.

Foi a brava Carmen Riveiro, presidenta da Asociación de Amigos do Liño, a que presentou o novo cartel, acompañada polo alcalde zaense, Lolo Muíño.

Coma sempre nestas 22 edicións, haberá de todo nesta demostración de que unha tradición artesá centenaria está moi viva. Haberá demostracións de fía en vivo, desfile con prendas de moda, e un menú a base de liño. A sesión terá tamén charanga, e poderase xantar (soen ir unhas 400 persoas) por18€.

Máis novas

Fonte

comentarios