Luns. 29.04.2024
El tiempo

Este venres arrinca a campaña do Concello de Zas para apoiar ao comercio local

Nadal Comercio Zas
Este venres arrinca a campaña do Concello de Zas para apoiar ao comercio local

 Despois da xuntanza mantida a comezo de mes coa empresariado, o Concello de Zas formulou varias iniciativas para fomentar o comercio local neste Nadal. Así, dentro do completo programa municipal para estas datas, artellou a campaña “Este Nadal merca en Baio”, que arrinca este venres 15 de decembro, e que se desenvolverá ata o 5 de xaneiro.

“O comercio local ten un papel moi importante na economía do noso concello polo que é importante apoialo e impulsar novas campañas que axuden a dinamizalo e a animar á veciñanza a que merque durante todo o ano e en datas sinaladas como o Nadal nos pequenos comercios”; sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Na campaña repartiranse 2.000 euros en premios entre todas as compras que se realicen nos máis de 70 establecementos participantes. Con cada compra entregarase unha tarxeta que haberá que depositar nas urnas colocadas en cada comercio. En total sortearanse 10 vales de 200€ cada un.

Activades paralelas

Ademais dos premios en metálicos, haberá diferentes actividades paralelas que están incluídas na programación de Nadal do Concello de Zas. 

O día 23, a partir das 17:00 horas, recibiremos a visita de Papá Noel na Praza Jorge Mira e virá acompañado de Cé Orquesta Pantasma. E este ano como novidade, faremos unha festa de Pre Fin de Ano, tamén na Praza Jorge Mira, na que haberá moita música e soarán as badaladas. Primeiro haberá unha sesión infantil que comezará ás 17:00 horas e na que actuará Pakolas e logo, a partir das 22:30 horas, Los Jinetes del Trópico ofreceránnos un concerto e remataremos coas baladas. 

Comentarios