Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Carballeira de Zas adica a súa solidariedade a Aspadex

  • Os escoceses Red Hot Chilli Pipers, lideran a noite do venres, xunto con The Rapants e Dios Ke Te Crew
  • O sábado tócalles o turno a Xosé Lois e Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & The Dirty Bartards e Ruxe Ruxe.
  • A Carballeira un ano máis volve a mostar a súa cara máis solidaria colaborando con ASPADEX.
Cartel Festa Carballeira Zas 2023
A Carballeira de Zas adica a súa solidariedade a Aspadex

Queda menos para a 38ª edición da Carballeira de Zas. A cita, patrocinada por Estrella Galicia e Deputación da Coruña, volverá ser convertir á fermosa carballesa de Velar nun escenario inigualable, traendo á costa da Morte unha das festas folkeiras máis importantes do país, e unha cita ineludible para a mocidade máis tradicional da comarca.

A Carballeira solidaria

Un ano máis, desde a organización da carballeira vaise facer unha doazón de 1€ da venta de cada abono para a Asociación Aspadex, Asociación sen ánimo de lucro e de utilidade pública que traballa por e para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Un xesto co que a Carballeira apoia e recoñece a labor desenvolta por esta Asociación, e tamén se lle quere dar visibilidade á mesma. Apadex leva máis de 40 anos axudando a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e apoiando a súas familias.

A música<&g2>

O venres 11 de agosto acollerá ós escoceses Red Hot Chilli Pipers, ben coñecidos tras o seu paso polo programa da BBC “When Will I be Famous?” como prato forte do venres, pero acompañados por grandes grupos que farán un ano máis brincar durante dous días a Carballeira de Velar. A apertura da noite virá da man os galegos The Rapants, que co seu estilo entre pop, garage e disco, comezará a noite enchendo de enerxía ós asistentes. O cerre farano os galegos Dios Ke Te Crew, que presentarán o seu último traballo “En que ano estamos!?”

A tarde do sábado estará orientada ó público máis familiar como acostuma, habendo a xa tradicional mexilloada popular de balde, churrasco, mercado artesán, zona infantil, así como sesión vermú. A amenización musical virá da man de Os Enxebres de Neaño, Uxía Lambona e a Banda Molona, (a banda de música infantil que recolle os clásicos galegos con toques propios, como por exemplo a Carolina feita en versión rap), que farán que os máis pequenos (e tamén grandes), non paren de bailar. O trío Caldo, será outro dos grupos presentes coa súa mestura de cancións tradicionais e composicións propias, Cé Orquestra Pantasma, o home orquestra, dará paso a Gran Foliada con Churía, Os Petadores, Os Farrapos e Os Enxebres. O grupo de música tradicional Pansenfron será o último grupo da tarde antes de comezar cos concertos da noite.

A noite arrancará da man de Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & the Dirty Bastards para finalizar con Ruxe Ruxe.

Venda de entradas

Xa tendes en https://www.festadacarballeira.com/entradas-es as entradas, con prezos de 8€ + gastos de xestión a entrada para un día e o abono para os dous días 15€ + gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 11 de agosto as 15h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 12€ entrada para un só día, ou 20€ abono para os dous días.

Novas relacionadas

Comentarios