Carmen Riveiro, a alma do liño, Premio Artesanía de Galicia pola súa traxectoria
Este pasado luns tivo lugar a entrega dos Premios Artesanía de Galicia. E unha das galardoadas foi a nosa Carmen Riveiro. A Presidenta da Asociación Amigos do Liño de Galicia recibiu o premio á súa traxectoria como tecedeira pero tamén ao seu labor na recuperación e promoción do tecido de liño.
A zaseira faino pouco despois de o Premio Antonio Fraguas por un vestido de noiva, demostrando que esta arte ten moito futuro, e vai camiño de colocarse á vangarda da moda, como o seu curmán o encaixe.
Xunto a Riveiro, a Xunta recoñeceu a Laura Delgado, de Cambre, que na súa obra O mundo ao revés; a Coctelería Peliqueira combina na cerámica a cultura polinesia co entroido tradicional de Ourense; e a Julia Vilariño, de Pontedeume, gañadora da bolsa Eloy Gesto e que destaca pola aplicación do folclore tradicional no eido da sombreiraría.