A rapazada da Costa da Morte coñece a Labarta Pose gracias ao libro infantil editado polo Concello de Zas
Mergúllase Labarta Pose nos centros de ensinos da comarca gracias ao libro infantil editado polo Concello de Zas xunto con Lela Edicións. Como xa fixo coa Antoloxía Poética realizada o ano pasado, o Concello enviou varios exemplares aos 47 colexios e institutos da Costa da Morte.
Unha das primeiras visitas tivo lugar onte nos CEIP Labarta Pose de Baio e o CPI de Zas. O rexedor Lolo Muíño estivo acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Natalia Espasandín; da Concelleira de Educación, Pilar García; da Concelleira de Igualdade, Cristina Pardiñas; e da Tecnica Municipal, Tania Carreira.
En total entregáronse máis de 220 exemplares que se repartiron entre o alumnado de Educación Primaria dos dous centros de ensino e o profesorado. Tamén se deixaron 3 libros en cada unha das bibliotecas.
Muíño aproveitou a ocasión para facer un breve repaso polas diferentes accións que se están a realizar dende o Concello de Zas co fin de poñer en valor a obra de Enrique Labarta Pose e de conseguir que teña o seu propio Día das Letras Galegas.
“O Poeta da Terra” é un libro dirixido ao público infantil no que se recollen dun xeito moi gráfico os fragmentos máis relevantes da súa obra así como parte da súa vida. Ademais forma parte da colección de literatura infantil sobre personaxes galegos de Lela Edicións.
Máis novas