Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Complicado rescate do condutor dunha furgoneta que se saía da AG-55 a altura de Baio

O Helicosantiago foi ao lugar do suceso
O @helicosantiago foi ao lugar do suceso
Complicado rescate do condutor dunha furgoneta que se saía da AG-55 a altura de Baio

Este mediodía de domingo, unha furgoneta sufría unha aparatosa saída de vía ma AG-55 a altura de Baio. Os Bombeiros de Santa Comba (tamén acodiron Urxencias Médicas, Protección Civil e Garda Civil), tivo que acodir para liberar ao condutor, que estaba nunha situación complexa. Os efectivos de salvamento deberon inmobilizar primeiro o brazo do afectado para poder sacalo do vehículo cun taboleiro espinal (non foi necesario cortar os ferros da furgoneta).

No mesmo lugar do accidente estaba preparado un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiu a bordo do helicóptero con base en Santiago. De feito, para facilitar as manobras de despegue da aeronave, deberon suspender a tirada de bombas de palenque con motivo das festas locais da zona.

Comentarios