xoves. 23.01.2025
El tiempo

O Concello de Zas e BaiOn organizan a primeira Feira de Artesanía de Nadal

I Feira Artesania de Nadal Zas 2024
O Concello de Zas e BaiOn organizan a primeira Feira de Artesanía de Nadal

Ponse en marcha a agrupación eempresarial BaiON e faino artellando, co concello de Zas, a primeira Feira de Artesanía de Nadal

A entidade, que reúne ao sector do comercio, hostalería e servizos de Baio e que está en trámites de formase como asociación, quere darse xa a coñecer con este evento especial no que durante dous días (14 e 15 de decembro) haberá propostas de ocio para todas as idades que se concentrarán na Praza Jorge Mira Pérez e que suman á oferta comercial e hostaleira da vila co fin de atraer o maior número de visitantes.

Durante os dous días haberá pulpeira, unha cantina xestionada polo alumnado de 4º da ESO do IES de Baio para recadar fondos para a excursión de fin de curso e, por cortesía de Feirauto - a asociación do automóbil de Baio - repartirase chocolate gratis entre todas aquelas persoas que merquen no comercio local.

A Feira arrincará  sábado 14 de decembro ás 11:00 horas cuns pinchos para toda a veciñanza. Durante todo o día haberá unha demostración de tornería en vivo da man do ebanista José M. Prado Nimo. Este artesán fabrica cada unha das pezas do seu amplo catálogo entre as que hai buxainas, carracas, enseres de cociña, bolillos,... Todas aquelas persoas adultas que se acheguen á carpa e queiran poderán demostrar as súas habilidades diante dun torno.
Para os máis novos da casa haberá un taller de costura que terá lugar a patir das 18:00 horas e que impartirá Ana Antelo, unha artesá do deseño e da costura que ten a súa propia marca de complementos: Ana Trasariz. Para rematar a xornada, ás 19:30h haberá o monólogo “Tres vellas na romaría” que traerán tres grandes da comedia galega: Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Guti.

Coincidindo coa tradicional feira de Baio, o domingo día 15 continuarán as actividades. Durante toda a mañá instalaranse, como de costume, os postos ambulantes na Praza Jorge Mira Pérez e a iso das 13:30 horas haberá unha sesión vermú amenizada polo grupo “O Tren da Unha”. A programación rematará cun concerto infantil con Paco Nogueiras a partir das 7:30 horas.

.

Comentarios