O Concello de Zas envía dous exemplares do libro “O Poeta da Terra” a todos os centros de Primaria da comarca
Segue dando a coñecer a figura de Enrique Labarta Pose o Concello de Zas. E trala presentación do libro infantil adicado ao autor zaseiro, o primeiro que fai xa é enviar un exemplar a cada un dos 47 centros de Educación Primaria espallados polos 17 concellos da Costa da Morte.
O libro, que leva por título “O Poeta da Terra”. Con esta achega, o Concello de Zas quere dar a coñecer a figura de Enrique Labarta Pose entre a rapazada a través deste libro no que se mistura información adaptada ao público infantil con vistosas ilustracións.
O Concello fixo o propio enviando a "Antoloxía Poética", creada o ano pasado aos Institutos, poñendo en valor así o papel deste pioneiro autor, pensador de teses e ideas moi actuais. Del foi unha das primeiras fotografías impresas da historia de Galicia.