Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Concello de Zas lembroulle á RAG cunha Antoloxía que en 2025 se cumpren 100 anos do pasamento de Labarta Pose

Victor Freixanes Lolo Muino e Tania Carreira na RAG con Labarta Pose
Victor Freixanes, Lolo Muíño e Tania Carreira na RAG coa Antoloxía de Labarta Pose
O Concello de Zas lembroulle á RAG cunha Antoloxía que en 2025 se cumpren 100 anos do pasamento de Labarta Pose

Xa co libro infantil en marcha, a comitiva do Concello de Zas segue na súa teima de poñer en valor o legado de Labarta Pose. E para iso o Concello ten claro cal pode ser un dos grandes fitos: a dedicación das Letras Galegas 2025.

Con ese afán, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, acompañado da polifacética Tania Carreira, mantivo unha reunión esta mañá de mércores 29 de maio, co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. 

Ademais de entregarlle varios exemplares da “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose, un libro publicado recente mente pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas, aproveitaron para contarlle as últimas actuacións arredor da figura do baiés.

Por suposto, o encontro, o Alcalde de Zas volviu a defender a candidatura de Enrique Labarta Pose para que teña o seu propio Días das Letras Galegas, lembrando que en 2025 se cumpren 100 anos do seu pasamento. Que mellor ocasión para saldar esta "débeda histórica”.

Freixanes lembrou que xa tiveran un encontro en xullo de 2022, e avanzou que a RAG aínda ten varias reunións por diante para decidir o/a protagonista da data do ano que vén.

MÁIS NOVAS SOBRE LABARTA POSE

Comentarios