Os Concellos de A Baña, Vimianzo e Zas convocan novas concentracións contra o peche das oficinas de Abanca
Despois da concentración en Baíñas, tócalle agora á de Zas e A Baña saír á rúa contra o peche da sucursal da Abanca. É directamente o Concello o que convoca unha nova concentración e anima a toda a veciñanza a participar na concentración este mércores, 25 de agosto, ás 13:00 horas diante da Casa consistorial.
Ese mesmo día é a mesma hora tamén haberá concentracións diante das oficinas de Abanca de Baíñas e de A Baña. Esta é outra as accións conxuntas levadas a cabo polos tres municipios para evitar o peche destas sucursais previsto para o vindeiro 8 de setembro.
Ademais, estase a preparar outra manifestación que se celebrará o vindeiro 2 de setembro diante da sede de Abanca de A Coruña na que participarán representantes dos tres municipios e toda veciñanza afectada por estes peches tanto dos propios concellos como doutros limítrofes.
NOVAS RELACIONADAS
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 17-08-2021: Vimianzo convoca unha nova concentración contra o peche da sucursal bancaria de Baíñas.
- 16-08-21: Adiante Vimianzo tamén pide o compromiso do pleno contra o peche da sucurcal de Abanca en Baíñas
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.