Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca
- Os rexedores amosan as medidas que van tomar, como a petición dunha reunión con Feijoo, unha asemblea da FEGAMP ou unha manifestación
Tralas protestas realizadas pola veciñanza de Baiñas e de Zas ante o peche das súas sucursais de Abanca, os rexedor@s de Vimianzo, Zas e A Baña, quixeron demostrar a súa unión no rexeitamento a este novo recorte de servizos no rural.
Mónica Rodríguez (Vimianzo), Lolo Muíño (Zas) e José Antonio Pereira (A Baña), realizaron unha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello de Zas.
Abríu a rolda o anfritrión. O alcalde do BNG deixou claro que “os 3 concellos imos agotar todas as medidas para que Abanca reconsidere a decisións. Medidas de presión e medidas legais. Xa estamos en contacto cos servizos xurídimos municipais, para ver se nos documentos de privatización de Abanca había algunha clase de cláusula que obrigue á empresa a manter o emprego ou os servizos”.
Muíño apuntou que “esta decisión non ten nada que ver con accións dos gobernos municipais” pero que "tampouco é xustificable por causas económicas, porque estas oficinas non presentan perdas. É unha decisión simplemente para aumentar os seus beneficios a costa de deixar servizos a unhas 10.000 persoas entre os 3 concellos”.
Muíño non deixou de lembrar que ”os beneficios do primeiro trimestres 137,4 millóns de euros, medrando un 8%, coas 3 oficinas abertas”. "Capitalismo en estado puro, pero nunha democracia asentada, o poder público ten que mediar".
Sobre a posibilidade de quitar os cartos municipais da entidade como posible medida de presión, Muíño recoñeceu que “é pouca a influencia que podemos facer, porque para eles apenas somos números, e ademais esto o están facendo otros bancos tamén. En calquera caso si que é unha medida que podemos tomar”. Pereira deixou claro que “se Abanca nos falla, nós quitaremos os cartos. Isto pode ser uin punto de inflexión ademais para que moitos veciños reaccionen ante esta desfeita e quiten os seus cartos”.
O rexedor socialista da Baña respaldou as verbas do seu homólogo e apuntou que “todas estas accións están consensuadas”, deixando claro que o peche afecta á veciñanza e aos propios comerciantes. Puxo un exemplo claro: “as nosas persoas maiores cando van cobrar a pensión, aproveitan para facer a compra, tomar un café… Agroa farano noutro concello”.
A socialista Rodríguez, deixou claro que apenas se enteiraron hai un par de días polos traballadores da entidade ou os propios veciños, e que ficaron con “impotencia” de ter podido falar con ninguén. Critica que a propaganda do banco fale de cercanía cambiando oficinas por caixeiros. “Onde queda ese asesoramento, onde está esa cercanía? é un desmantelamento claro do noso rural e non podemos consentir que esto se faga”. “A banca electrónica está ben pero non se pode facer todo, e menos para as persoas maiores”. Mónica lamentou a redución de horario de atención ao cliente, e explicou que “na oficina de Vimianzo hai colas todos os días, ao pechar de Baíñas vai ser moito peor”.
As medidas en marcha
Recollida de sinaturas
Os tres concellos xa comezaron unha colleita de sinaturas nos comercios e establecimentos públicos.
Petición de reunión con Feijoo e co goberno estatal
A primeira medida é solicitar unha entrevista co presidente da Xunta, para “convencelo de que se poñe á fronte da negociación con Abanca e conseguir que reconsidere a decisión”, sinaloui Muíño. “É o presidente de todos os galego, e esperamos que atenda á petición de axudar aos seus propios veciños. Entendemos ademais que ten unha responsabilidade moral, pois foi o goberno do seu partido o que rescatou e malvendeu, seguramente sen garantías de mantemento de emprego e servizos.
E porque a Xunta é a única que pode facer cambiar de opinión á empresa, debida á boa relación, recoñecida entre o propio presidente do goberno e o presidente de Banesco. Se non atendera ás nosas peticións, os nosos representantes de BNG e PSOE no Parlamento Galego levarán diferentes iniciativas,
Falar co propio goberno do estado, para intentar buscar axuda.Reunión coa FEGAMP
Solicitarán tamén a convocatoria dunha posible asemblea cos Concellos galegos. “Na nosa comarca xa pecharon a sucursal de Dumbría, de Lira, do Pindo, de Buño… É a súa folla de ruta e os concellos galegos temos que unirnos. Se cadra temos que entoar o “mea culpa” por non ternos decatado antes”, sinalou Muíño.
Manifestación
Todo rematará na convocatoria dunha gran manifestación diante da central de Abanca na Coruña, con datas aínda por determinar.
Reunión con Abanca
Os Concellos tamén solicitarán unha reunión con algún responsable “con poder de decisión” da empresa.
NOVAS RELACIONADAS
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.