Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A concentración parcelaria de Baio chega ao seu fin tras case 30 anos de proceso coa entrega de títulos

A concentración parcelaria de Baio chega ao seu fin tras case 30 anos de proceso coa entrega de títulos

A concentración parcelaria de Baio foi rematada en 2016, pero non se chegou completar por unha serie de pleitos. Agora, tras case 30 anos de procedementos (foi iniciada en 1993), vaise proceder por fin á entrega dos títulos de propiedade.

Así o confirmou o Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruñsa, que se desprazará ao Auditorio de Baio os próximos días 20 e 21 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas

Os títulos poderán ser retirados polas persoas interesadas ou por outra persoa no seu nome que deberá presentar o seu DNI así como a autorización do propietario/a que se pode descargar na páxina web do Concello de Zas.
 

Comentarios