Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A Costa do Solpor viaxa á habitación da Illa do Tesouro

Xose Maria lema Suarez no Bela Fisterra
Xose Maria lema Suarez no Bela Fisterra
A Costa do Solpor viaxa á habitación da Illa do Tesouro
A Costa do Solpor viaxa á habitación da Illa do Tesouro

Simbólica a visita de Xosé María Lema Suárez ao Bela Fisterra, para deixar facer entrega dun exemplar asinado da novela "Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro". Unha visita para deixar na biblioteca do Hotel, un exemplar asinado desta novela tan simbólica. Porque unha das habitacións está dedicada á Illa do Tesouro, onde precisamente comeza a aventura da Costa do Solpor, na mesma praia Langosteira.

Unha ilusión para o autor costeiro levando a súa novela preto da praia fisterrá onde se refuxiou a Hispaniola tras a violenta tormenta sufrida no Atlántico. No amencer dun día de agosto de 1761 os seus tripulantes contemplarían abraiados "os peitos espidos de muller enfesta" (Alexandre Nerium) [2ª foto].

Comentarios