Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio
Parte da rodaxe fixérase en Baio durante o 2008. De feito, un dos símbolos do filme, o barco, estivo varado varios meses ao carón da Carballeira de Baio. E hoxe recibimos a boa nova de que a película de produción galega, "A Casa da Luz", de Vimbio Filmes competirá no Festival Internacional de Cine da cidade de Cracovia en Polonia, na provincia de Galicja, si, coma a nosa, pero en polaco.
A produción vén de ser seleccionada para participar no 5th International Film Festival for Children Galicja 2012, que se celebra o vindeiro mes de xuño na cidade de Cracovia e onde competirá con longametraxes de Alemaña, Belxica, Estonia e Holanda.
A película, dirixida por Carlos Amil e producida por Xosé Xoán Cabanas Cao para Vimbio Filmes será a única representante galega e española presente no prestixioso Festival de Cine Infantil que se celebra na rexión do sul de Polonia, Galicja que comparte nome e - segundo algúns- substrato céltico, coa Galicia do noroeste ibérico.
“A Casa da Luz”, baseada na obra homónima de Xabier DoCampo, é unha película de imaxe real, pensada para nenos e nenas a partir de 7 anos que narra a aventura fantástica dunha panda que se ve obrigada a penetrar nun cadro, nunha pintura, para atopar nela a un amigo perdido. Ó outro lado do cadro atoparánse cun mundo que semella ser distinto do de que proceden.
Rodada íntegramente en Galicia e en galego a película está protagonizada por seis cativos arroupados por actores de longa experiencia, entre eles o muradán Xosé Manuel Olveira “Pico” e o carnotán Miguel de Lira, ademais doutros como Gustavo Pernas, Antonio Mourelos, César Goldi, Manuel Millán, Susana Dans, Cándido Pazó, Xúlio Lago, Miguel Pernas, Camilo Rodrigue...
Novas relacionadas
- 2008: O Barco da Casa da Luz está en perigo .
- 2008: A Casa da luz deixa Baio cun estupendo sabor galego .
Máis novas audiovisuais
- A caravana Vilamor chega a Cee con actores da Costa.
- GzVideos 2.0 – Apaga a tele, prende a túa mente.
- Entrevista ao actor esteirán Xosé M. Olveira “Pico”.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- As entrevistas do GDR: César Cambeiro.
- A Costa da Morte invade a tele.
- Un premio MAX para os Pelos na Ligua de Talía Teatro.
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- Soñando no mar da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).