De concerto en concerto
07:09 23/11/16
A coral Xan Mella de Baio actuou o pasado sábado en Bueu
A coral Xan Mella de Baio desprazouse o pasado sábado ata Bueu para participar no IX concerto de canto coral Santa Cecilia onde compartiu escenario coa coral Acordes de Bueu e a coral Rondalla Estrelecer de Fene. No concerto da coral baiesa - dirixida por Tatiana Pankrátova - debutou como pianista Nuria Vilariño.
Aproveitando a xornada de paseo, os coralistas achegáronse na mañá do sábado ata o lugar de Vilanova da Cerveira, en Portugal, onde desfrutaron dun paseo polas rúas da vila e visitaron a súa feira semanal.
Os coralistas de Baio desprazáronse ata o lugar de Vilanova da Cerveira, en Portugal
Próximos eventos
Este sábado, día 26, a coral Xan Mella de Baio participará no concerto organizado pola coral polifónica de Bergantiños na honra á patroa da música. O evento terá lugar ás 21 horas no pazo da Cultura de Carballo.
E xa o 17 de decembro, a coral baiesa organiza o XIII memorial Pepe Valiña no que participarán o coro xoven da ESMU Pepe Valiña, o orfeón de Trives e a coral Acordes de Bueu.
Novas relacionadas
- A familia da Xan Mella celebrou a Comida do Coralista
- A coral Xan Mella de Baio ofrece un concerto en Culleredo
- A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos
- A Oviedo coa Coral Xan Mella
- A Xan Mella viviu unha intensa fin de semana.
- A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán.
- Redacción QPC ([email protected])
- Coral Xan Mella