De paseo polas estrelas do pico de Meda
08:11 15/07/16
Os participantes no roteiro nocturno de Senda Nova contemplaron os últimos raios de sol dende o pico de Meda
As estrelas, o aire, os cabalos salvaxes e a figura do lobo foron os protagonistas do roteiro nocturno que realizaron a pasada fin de semana unhas vinte persoas. Convocados pola asoaciación ecoloxista Senda Nova e con Evaristo - gran coñecedor da zona - como guía, a expedición partiu monte arriba para pasar parte da noite nunha das mellores balconadas da Costa da Morte: o pico de Meda. Un lugar a cabalo entre Zas e Coristanco dende o cal se contemplan as comarcas de Soneira, Bergantiños e do Xallas.
"Adaptar a visión a un ceo completamente estrelado foi máis sinxelo nun lugar sen máis contaminación lumínica que as pequenas luces que, ao lonxe, marcaban as aldeas da Costa da Morte" contan algún dos participantes.
Tras contemplar as distintas constelacións, o paso dos avións, algún que outro planeta e varias estrelas fugaces, os senderistas camiñaron cara o seu lugar de pernocta que estaba ubicado en san Roque do Monte, na parroquia zasense de Mira. Non faltaron as típicas historias nocturnas antes de durmir ao abrigo dos carballos que acompañan a fonte milagreira.
Os sendeiristas pernoctaron na carballeira de san Roque do Monte
Novas relacionadas
- Senda Nova despide a IV edición da Escola Ambiental
- Senda Nova organiza un roteiro nocturno polos montes do Pico de Meda
- Máis de 300 persoas descobren a riqueza ambiental e cultural das corredoiras con Senda Nova
- Corredoiras e compromiso para a 7ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova
- Senda Nova presenta a 7ª edición da “Primavera en Ruta”
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Senda Nova presenta a 7ª edición da “Primavera en Ruta”
- Arrancan con éxito as xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova
- Senda Nova inicia cunha proxección as xornadas de Interpretación dos Bosques
- Senda Nova reclama un plan integral de conservación para o humidal de Baldaio
- Senda Nova recupera as historias dos maiores de Zas
- Senda Nova celebra en Baldaio o día dos humidais
- Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
- Senda Nova recupera a tradición co “Inverno Ancestral”
- Gracias, Apalpador
- Aprendendo natureza na escola Ambiental de Senda Nova
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova.
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova