Denuncian que o paso dos Quads deixa impracticables os montes de Zas

08:32 29/01/13

Esta fin de semana tivo lugar unha cita de Quads no Concello de Zas. Arredur dun centenar de quads rubiron os monte da parroquia de Mira e San Adrián de arriba para abaixo, algo que non gustou a varios veciños da zona.
De feito, varios veciños enviáronnos estas imaxes dos "destrozos" que provocaron nas pistas forestais, e ademais denuncian "o perigo que crearon xa que pasaron polos lugares a gran velocidade sen respetar sinales nin viandantes".
Unha problemática complexa esta dos quads na zona. Non é que a meirande parte dos nosos montes teñan un valor ecolóxico moi grande, pero ás veces tamén é certo que deixan os montes impracticables.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).