Dezaoito obras participan na II mostra de teatro afeccionado de Zas
07:09 15/03/17
O concello de Zas reparte 1500€ en premios entre as obras que se representarán do 22 de abril ao 20 de maio
Un total de dezaoito obras pertencentes a quince compañías participan na II mostra de Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura do concello de Zas. Agora o xurado - formado por Manuel García Velo (concelleiro de Cultura de Zas), Ana Lucía Otero Ramos (animadora cultural do concello de Zas), Ricardo Vigueret Gil, Alberto Villar López e Pablo Soto Videla, como representantes do grupo de teatro Badius - seleccionaran os cinco espectáculos e tres reservas que se representarán os días 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio. As representacións repartiranse entre os auditorios de Baio e o de Zas e a entrega de premios terá lugar o 28 de maio.
En total, repartiranse 1500€ en premios que se distribuirán nun primeiro premio de 700€; un segundo premio de 500€; un terceiro premio de 300€. Tamén haberá un recoñecemento ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo e nun diploma acreditativo.
O obxectivo desta actividade é a promoción e a difusión de grupos de teatro afeccionados e o uso do galego nas artes escénicas.
Novas relacionadas
- O concello de Zas abre o prazo de inscrición na II mostra de teatro afeccionado
- Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- Zas cítase co teatro afeccionado
- A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas escollerá 5 dunha vintena de propostas
- O concello de Zas organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas