Luns. 16.09.2019
El tiempo

BAIO TEN A PELOTA

[email protected] de Soneira volven sacar as pelotas polo comercio local

O tren turístico non faltará na nova edición do Baio ten a pelota
O tren turístico non faltará na nova edición do Baio ten a pelota
[email protected] de Soneira volven sacar as pelotas polo comercio local

Moito necesita a comarca seguir loitando polo comercio pequeno, e así o demostra as campañas de promoción do comercio local como Suma en Ponteceso. Unha das máis afianzadas da comarca faise en Baio dúas veces ao ano, unha en clave de amarelo, e outra en vermello, pero ambas cun denominador común: a pelota.

A pelota témola nós, os cidadáns, que somos os que decidimos onde mercar, onde consumir. Somos os que decidimos se queremos que se manteñan postos de traballo na nosa vila, ou preferimos aforrar catro pesetas indo a unha gran superficie.Se ves a Baio mercar un master en economia teras

A pelota sácana a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, xa está cos preparativos da V edición da iniciativa Baio ten a Pelota. Os días 10, 11 e 12 de maio, Baio volverá a cubrirse de pelotas amarelas, que poderán verse colgadas en preto de 80 locais da zona.

Ao igual que as tempadas anteriores levaranse a cabo distintas actuacións: tapas elaboradas por o sector da hostalería a un prezo especial, descontos nos comercios.

Asemade, como marca xa a tradición, haberá diversos premios como agasallo as consumicións e compras realizadas durante estes días. E iste ano como novidade, sortearase un premio entre todos aqueles consumidores que logren probar todas as tapas que elaboren os 15 locais hosteleros que participan na campaña.

E como non, entre tapa e tapa os que se acerquen a Baio esta fin de semana poderán aproveitarse dos importantes descontos que ofrecen os comercios. Con cada compra, obterán un cuño na súa tarxeta coa que entrará no sorteo de varios premios cando consigan reunir 6 selos.

E como tamén xa marca a tradición, haberá actividades na rúa, como a venda e exposición de automóviles, autocaravanas, postos de artesanía, manualidades, antigüedades, inhables , actividades para os máis pequenos. e música a cargo de “Farrapos” e os “trikitrakes Laxe” E para que os máis grandes e os cativos non se cansen con tanta actividade, como non, haberá un tren que os levará dun lado a outro.

Así que xa sabes, Actívate en Baio!

Novas relacioandas

Comentarios