Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O Escape Room volve ás Torres do Allo

Un dos grupos que superaron o Pazo Escape a pasada edicion
Un dos grupos que superaron o Pazo Escape a pasada edicion
O Escape Room volve ás Torres do Allo

A nova edición do #PazoEscape xa está en marcha. As torres do Allo voltan a ser este verán escenario da segunda edición da “Escape Room” que tanto éxito acadou na temporada pasada. Trátase dun xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que os participantes terán que atopar o xeito de escapar do pazo nun tempo límite. A proposta, con temática totalmente renovada, está especialmente dirixida a aquelas persoas máis aventureiras que queiran coñecer o pazo e o seu entorno nun ambiente divertido e diferente.

Un “escape room” é un xogo no que un grupo de persoas teñen un tempo limitado para lograr saír dun espazo no que se atopan encerrados. A través dunha historia ficticia ambientada no pazo como marco da acción, os equipos terán que resolver probas, abrir cadeados e descifrar códigos para poder escapar nun tempo limitado. Unha actividade diferente para aqueles que busquen unha experiencia activa, esixente e lúdica.

A actividade é de balde, para grupos entre 2 e 10 persoas e terá lugar do 30 de xullo ata o 15 de setembro. O horario establecido é de martes a sábado ás 16 h., baixo reserva previa no enderezo electrónico [email protected]

Moito máis

Ademáis, as torres do Allo continúan coas súas actividades habituais do verán: visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 h., visitas guiadas ás torres todos os días ás 13 h. e ás 17:30 h., o xogo de pistas en familia todos os días no horario de apertura do pazo e o III Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”.

Novas relacionadas

Comentarios