Unha feira especial para a Feirauto
Os próximos días 7, 8 e 9 de agosto, Baio acollerá a 45ª edición de Feirauto, unha das feiras de coches de ocasión máis antigas de Galicia organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e a Fecom en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas.
Ao longo destes días, os concesionarios participantes ofrecerán cerca de 200 vehículos de ocasión de todos os estilos con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación. Todos os coches están 100% revisados e contan con 12 meses de garantía. Ademais, os talleres participantes abrirán as súas portas nun horario especial e adoptarán todas as medidas de hixiene e seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias para evitar a propagación do Covid-19.
Ao igual que nas anteriores edicións, sortearanse 300€ en combustible entre todas as persoas que se acheguen a calquera dos establecementos participantes. Cada visitante recibirá unha rifa coa que pode gañar un dos seis vales de 50€ para canxear por combustible na Estación de Servizo Gasóleos Montaña de Baio. O sorteo publicarase nas redes sociais (FB e Instagram) de Feirauto nos días seguintes á feira.