Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Gabín: "Os sectores económicos xa case son especies protexidas"

Gabín: "Os sectores económicos xa case son especies protexidas"

Xa queda menos para que se poña en marcha a 29ª edición da Feirauto de Baio, a Feira do Automóbil de Ocasión máis importante de Galicia. Este venres 8 de xuño, ás 19:30h terá lugar a inauguración, que será presentará polo presidente da Asociación Profesional do Automóbil de Baio e da FECOM, José Gabín. Un Gabín que vai falar, con educación, pero moi claro, deixando claro ás administracións que o camiño que están a levar se cadra non é o máis axeitado.
Tralo discurso inaugural de Gabín, falarán políticos de orde local, provincial e autonómica, como son o alcalde de Zas, Lolo Muíño, a Deputada Zaira Rodríguez, e a Xefa Territorial de Industria na Coruña, Susana Vázquez Romero. Uns políticos dos que se espera que "dean a cara, pero que tamén dean outra cousa, porque os sectores económicos están en vías de extinción", apunta Gabín.

I é que a crise será a verdadeira protagonista. Gabín é rotundo coa situación económica do país. "Os sectores económicos deste país son xase especies protexidas, e se non as protexemos... Estamos nun momento de crise permanente e en estado de letargo que se propagará no tempo, polo menos, 10 anos máis", sinala. "Aínda que se reativara pouco a pouco, tardaríamos alomenos 10 en recuperar como estabamos antes".

Pero vai máis alá Gabín: "Os capitais desapareceron, os cartos parece que se desintegraron. Antes os bancos daban créditos e liquidez á sociedade para que funcionara, pero agora o sistema deu a volta, e somos os cidadáns os que temos que subvencionar aos bancos", apunta o presidente dos empresarios da Costa da Morte en clara alusión ao rescate de Bankia.

2 días con 400 coches na rúa

Así e todo, a Feira desenvolverase coma sempre. Serán 2 días completos de Feira. Estes vindeiros sábado 9 e domingo 10 de xuño volverán máis de 400 vehículos de gama media, alta e pequena.
Deste xeito, cubrir as cifras dos anos anteriores, con entre 20 e 30 coches vendidos, xa sería todo un éxito. O que si se espera, coma sempre, son milleiros de veciños botando unha ollada, e se cadra, soñando con ese coche que, polo de agora, poderán mercar.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios