Os vídeos con IA do IES de Baio conseguen gañar outro certame

Non paran de viaxar Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo. Os mestres do IES Maximino Romero de Lema levan xa unha marea de premios cos vídeos documentais que realizan os seus alumnos e alumnas, usando como ferramenta a Intelixencia Artificial.
Hai pouco recollían hai pouco un premio estatal polo seu documental sobre o síndrome de Rett. E hoxe veñen recoller o premio á mellor curta pola obra “Educando na diversidade” no II Concurso de curtametraxes de Nigrán organizado pola Sociedade Galega de Sexoloxía e o Concello de Nigrán.
Este certame adícase na edición deste ano á “Educación sexual, materia pendente” e entrégase o premio coincidindo coa V Semana da diversidade sexual de Nigrán.
O obra galardoada, coordinada polos mestres, ten como protagonistas ás alumnas de ciclo medio Nerea Torrado Lema e de bacharelato Marina García Camafreita e amosa, desde a perspectiva de persoeiros históricos como as galegas Marcela e Elisa, Alan Turing e Federico García Lorca, as dificultades que tiveron pola súa condición sexual que truncaron as súas vidas pero tamén avances relevantes na sociedade. Neste traballo utilízase a intelixencia artificial para dar voz ós persoeiros, poñendo en valor a tecnoloxía xa utilizada noutros traballos.
A peza foi premiada polo seu valor educativo e pola posta en valor da tecnoloxía como ferramenta para transmitir valores e fomentar o respecto na diversidade sexual.
Os dous profesores destacan que, máis alá do valor económico do premio para o Instituto, recoñécese unha forma de transmitir valores a través da IA que como ferramenta educativa ben usada pode ter un impacto moi positivo na sociedade.
Novo vídeo
Non teñen parada, e veñen de lanzar unha nova curta sobre o fomento da igualdade e contra a violencia de xénero. Porque #nosdueleatodos, vota por esta curta realizada polo alumnado de 4º da ESO do noso IES. "Pon la melodÍA de la igualdad en tu vida".
Xa podes votar por el nesta ligazón.