Luns. 03.10.2022
El tiempo

O IES de Baio pelexa por un novidoso FP de Aplicacións Webs

Taller de informatica no IES de Baio
Taller de informatica no IES de Baio
O IES de Baio pelexa por un novidoso FP de Aplicacións Webs

Xa conta co Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos en Rede e co Ciclo Básico de Informática de Oficina. Cunha forte matrícula no ciclo medio, ademais. De feito, xa temos visitado as súas clases de Robótica, e a implicación do alumnado dá conta da necesidade destas novas iniciativas formativas.

Por iso, dende a dirección do Centro, e co traballo do responsable da área Óscar Rey Calo, andan traballando na consecución dun Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Webs. Xa teñen presentado a proposta e están esperando resposta da Xunta, e por iso necesitan consenso social, para ver se o conseguen traer xa para o curso que vén.

Un ciclo que na provincia só se imparte no IES San Clemente de Santiago. De aí que poida ser tamén un foco de atracción de novos alumnos que veñan instalarse na comarca.

"Números de cidade"

"O centro está en disposición de acolle, pois temos infraestruturas idóneas para acollelo. Despois do investimento da actual directiva do ano pasado en equipamentos, temos perderíamos implantar este ciclo sen grandes custes. Temos un centro de informática que quen llo dera a centos de centros de todo o país". Fala o propio Rey Calo, encantado de ir traballar mesmo os sábados.

Ademais, temos moitísimo alumnado de ciclo medio, uns 40 alumnos, que son números de cidade e queremos aproveitar esa inercia para seguir medrando", sinala.

"Por que o pedimos? Este título permite a creación dunha PIME con facilidade, o con isto podemos axudar a fixar poboación. Ademais, non hai moita oferta en Galicia (na provincia só hai un centro que ofrece) e sabemos ten unha gran saída no mercado laboral de hoxe en día. É certo que non hai moita empresa tecnolóxica na comarca, pero isto se cadra permite crear novos proxectos ou ampliar pequenos proxectos de autonómos e convertilos en empresas", explica.

Loitarán polo Medio, pero dende "o Departamento de Informática xa estamos pensando nun Ciclo Superior, e creo que os números nos abalan", sinala con fachenda.

Por que non ciclos relacionados co agro e co mar?

A reflexión queda feita. Se por Baio apostan pola tecnoloxía como sector de futuro, por que non outros centros da bisbarra apostan por unha formación máis axeitada á nosa realidade social?

É certo que temos boas experiencias formativas como as de Electrónica, electricidade ou mantemento nos IES Monte Neme de Carballo e no IES Fernando Blanco de Cee, onde tamén teñen de “Mantemento de Vehículos” como no IES Ponteceso.

Pero, pouca presencia temos noutros eidos. Por exemplo a Xunta oferta 10 cursos en materia agrícola (na comarca só o centro relixioso EFA Fonteboa ofrece esta clase de formación en Formación); outros 10 en materia de Hostalería e Turismo (só o IES Terra do Xallas ten un ciclo de “Cociña e restauración” e o Concello de Carballo ten a súa Escola Municipal de Hostalería) e outros tantos en materia Marítimo-Pesqueira.

Novas relacionadas

comentarios