Lema Suárez levou a súa Costa do Solpor a un colexio da Coruña
13:42 22/12/18
Xose María Lema Suárez no Fogar de Santa margarita
Atendendo á invitación dos profesores Pablo Quintá e Xosé M. Varela Varela, o pasado día 20 de decembro Xosé Mª Lema visitou o Colexio Fogar Santa Margarida da Coruña e mantivo no salón de actos un coloquio cuns 60 alumnos e alumnas de 4º de ESO que tiveron como lectura neste trimestre a novela Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, unha novela de aventuras ambientada na segunda metade do séc. XVIII na Coruña e na nosa costa máis occidental, que daquela aínda non fora bautizada como Costa da Morte.
Empezouse cunha proxección de diapositivas dos escenarios da novela, sobre todo nos da Coruña cidade e os da costa dos actuais concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas. Esta proxección serviu para explicar os motivos polos que esta obra empeza cando remata A Illa do Tesouro de Rober L. Stevenson, grazas a que o escritor escocés deixou algúns ‘portelos’ abertos no derradeiro capítulo da súa novela.
Tamén espertou a curiosidade do alumnado, ademais de coñecer o mundo real dos piratas do XVIII, o feito de descubrir que desde mediados do séc. XVIII A Coruña se converta non só nun importante porto-base de comerciantes chegados doutros lugares do territorio español (e mesmo francés) senón de barcos armados en corso para asaltar navíos de países inimigos en épocas de guerra.
Mentres cidades portuarias europeas -particularmente francesas- presumen do seu pasado corsario ou negreiro, na Coruña ou Vigo procurouse agochar. Citáronse os estudos de historiadores coma X.R. Barreiro Fernández ou Antonio Meixide.
Rematado o coloquio e a sinatura de exemplares dúas alumnas do curso, Rebeca e Lucía, someteron ó autor a unha longa entrevista que versou sobre a xestación da novela, as fontes de inspiración etc., ás súas preferencias literarias, sen que faltase a alusión á rica fraseoloxía da obra. Unha entrevista que puxo á autor en serios apuros nalgunhas preguntas e que foi gravada para que se emita, en datas próximas, na inauguración de Radio Fogar do centro. Tamén se publicará na revista do Colexio.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/actualizan-na-rede-a-ruta-maritima-da-costa-do-solpor-de-lema-suarez/ https://quepasanacosta.gal/a-onomastica-da-novela-costa-do-solpor-nas-actas-do-simposio-estudos-de-onomastica-galega-ii/Novas sobre Lema Suárez
- Lema Suárez, Premio Sanmartiño por toda unha vida adicada á Normalización.
- Lema Suárez, Premio da Crítica de Creación Literaria.
- Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor.
- A Costa do Solpor de Lema Suárez lidera o top-10 das obras narrativas galegas do 2013.
- Xosé María Lema trouxos os piratas de volta a casa.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
Artigos de Lema Suárez en QPC
- As outras coincidencias con Sicixia: Da lenda da Buserana á da Serea dos Mariño:
- A longa e teimosa loita polo Conxunto Etnográfico do Mosquetín.
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (I).
- Case dúas décadas do recoñecemento oficial da Terra de Soneira no Mapa Comarcal de Galicia (II).
- A vergonza do abandono, entre toxos e silvas, de catorce dólmens declarados BIC pola Xunta.
- A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Costa do Solpor (I): a viaxe de volta da illa do tesouro.
- A placa de Zennor (Cornualles), ou a tristeza pola morte dunha lingua. ¿Levamos en Galicia o mesmo camiño?.
- O mellor edificio da Costa da Morte.
- A Costa da Morte, nai nutricia inesgotable de anécdotas.
- O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía.
- As traducións e a (in)visibilidade da literatura galega.
- A oposición da Xunta aos parques naturais.
- O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
- Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades).
- O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- Os haikus de Miro Villar.
- Vítor H. Brandalise, un brasileiro seguindo os pasos do caderno de campo do xeógrafo Domingo Fontán por Galicia.
- As imaxes roubadas das igrexas de Nande e Traba (Laxe): hai interese por evitalo?.
- Avelino Pousa Antelo, lembranzas persoais.
- Finou o vello galeguista Avelino Pousa Antelo.
- Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812.